jueves, 1 de enero de 2015

FELIZ ANO NOVO 2015

Ola! Que tal?

Hoxe é o primeiro día do novo ano, e polo tanto un pouco especial. Hai tradicións como poñer as maletas fóra da casa para que sexa un ano con moitas viaxes, vestir roupa interior vermella para encontrar o amor, botar un anel de ouro nunha copa de champán para ter diñeiro... Tamén é moi típico poñerse propósitos para o novo ano, os máis común son: adelgazar (o meu é ao revés, jeje), deixar de fumar, encontrar un  noivo...

É moi habitual pedir desexos para o novo ano, e os meus máis importantes son: saúde, felicidade e paz. Despois teño outros máis pequenos, como viaxar, que faga moitos días soleados e calorosos para poder ir á praia e á piscina (a miña estación do ano favorita é o verán)...

Espero que teñades todos/as un ano moi bo e feliz.