miércoles, 10 de diciembre de 2014

CHISTES

Ola! Que tal?
 
Esta publicación vai ser a primeira sobre chistes, xa que nestes case 2 anos do blogue aínda non demostrara que me gustan. Pero non vaiades a pensar que me río con calquera deles! A min poucos me fan graza; a maioría deles só un pouco, pero, aínda así, séguenme gustando. ;)
 
Eu non califico os chistes de "Malos", "Verdes", "Humor negro"... Simplemente ensinaréivolos indistintamente, dame igual o tipo de chistes que sexa.
 
Para facelo máis entretido, a algúns vounos puntuar; que difícil! :o
 
1.Que fai una abella nun ximnasio? Zumba. 7 p.
 
2. -Cariño... Fai 5 anos que nos coñecemos nunha festa de Halloween! Acórdaste?
-Si! E aínda estou esperando a que te quites a máscara!
 
 8 p.
 
 
3. Estaba unha pizza chorando no cementerio, chega outra pizza e dille:
- ¿Era familiar?
- Non, era mediana..         8 p.
 
4. - Cariño, dame o bebé.
- Espera a que chore.
- A que chore? Por que?
- Porque non o encontro!!!!!!!     7,5 p.
 
 
5.
 8,5 p.
 
6. -Jaimito, como se di can en inglés?
-Dog.
-Moi ben. E veterinario?
-Fácil: Dog-tor                        8 p.
 
7. A nai de Jaimito dille a Jaimito:
-A ver se te portas ben. Porque de cada vez que fas algo malo sáeme unha cana.
-Ahhhh, logo ti debeches ser tremenda, porque fíxate como está a avoa!                               
 
  9 p.
 
8. - Papá, ¿qué se sinte ao ter un fillo tan guapo?.
- Non sei fillo, pregúntalle ao teu avó...   9 p.
 
Chao!