sábado, 1 de noviembre de 2014

MAGOSTO

Boas!

Este ano (o meu primeiro no instituto), o xoves celebramos o Magosto. Fixemos xogos, comemos castañas e chourizos. E participamos voluntariamente no Concurso de Tartas que organizou o Departamento de Normalización Lingüística do IES (eu apunteime e agora formo parte do equipo).
 
Eu xoguei ao pano, ao brilé, á carreira variada (había que pasar unas probas o máis rápido posible) e á carreira de sacos.
 
Eu participei cun "Biscoito de cabaza e noces con crema de castañas". Sabía moi ben, aínda que non gañei o premio. O que sí que gañei foi un premio por ser a única que seguiu as bases correctamente, pois levei fotos no marco dixital de mentres cociñaba.
 
Déixovos a receita:

BISCOITO DE CABAZA E NOCES
 
Ingredientes:
 
-400 g de cabaza
-100 g de noces
-150 g de fariña
-75 g de manteiga
-100 g de azucre
-3 ovos
-1 sobre de Royal
-1 laranxa
-Canela
-Noz moscada
 
  
 
 
 
 
 
 
Preparación:
 
1- Trituramos a cabaza co azucre, a manteiga e as noces (peladas).
Logo incorporamos os ovos un a un, a fariña e o Royal pouco a pouco.
Botamos a reladura e o zume da laranxa, xunto coas especias (una culleriña entre as dúas).
 

 
 

 
 
 
2- Enfornamos durante 1 hora a 180ºC, co forno previamente quente.
 


 
 
3- Cubrímola coa crema de castañas.
 
CREMA DE CASTAÑAS
 
Ingredientes:
 
-1/2 kg de castañas
-1/2 l de leite
-300 ml de nata líquida
-30 g de manteiga
 
 
 
Preparación:
 
1- Cocer as castañas e quitar a pel. Deixámolas enfriar para que sexa máis fácil.
 
 
2- Cocémolas con leite e coa auga da súa primeira cocción, ata que estean brandas.
 
3- Esmagámolas ata facer un puré. Poñémolas outra vez no cazo, incorporamos a manteiga e a nata e sazonamos.
 

 
 
4- Sérvese fría.
 
 
Resultado final:
 
 
 
Espero que vos gustara larpeiros! ;)