domingo, 26 de octubre de 2014

O PAZO BALEIRO

Ola de novo!
 
Por aquí estou coa miña segunda entrada do día. Antes curiosidades, e agora: ¡libros! Outro dos meus  temas favoritos.
Como en anteriores ocasións, recomendareivos unha novela  que lin e me encantou. Hoxe rematei de ler "O pazo Baleiro". Teño que facer un exame sobre el a finais de novembro, pero para min ler un libro non é un deber máis como os exercicios. Todo o contrario, para min é entretemento e diversión. É fascinante a lectura, internarse nun mundo onde os personaxes actúan e forman a súa propia historia. E o máis bonito: que o vas imaxinando a medida que o vas lendo, a diferencia das películas, que xa cho dan todo feito.
 
 
Gustoume moito, sobre todo ao final. Aínda que habitualmente é o que menos me gusta, Xabier Docampo conseguiu entreterme incluso no desenlace.
Encantoume e sorprendeume a estancia de Sol e de Nicolás no pazo e as súas confesións.
 
Déixovos este cachiño para engancharvos:
 
Celso non daba baixado. O que acordaron os rapàces era que, mentres Sol e Nicolás se agachaban, Ramiro e Társila botábanse fóra e atravesaban o patio a correr para que, cando o home chegase fóra, non puidese ver que só ían dous. A porta quedara arrimada, e a escuridade era case total. Os dous amigos permanecían en silencio sen se mover, os dous tiñan a boca aberta, porque desta maneira parecíalles que se sentía menos a súa respiración.
Sentiron as pasadas de Celso nas escaleiras. Cada vez estaban máis preto.
 
 
 
O autor deste libro é Xabier Docampo.
 
 
 
 
Este autor naceu en Rábade no ano 1946, ademáis de escritor é mestre, contacontos, actor de teatro e guionista, e sobre todo promotor e defensor da lingua e cultura galega.
En 1995 obtivo o Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil por Cando petan na porta pela noite, seleccionada así mesmo como unha das cen mellores obras do século XX español, segundo a Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
 
Este no foi o seu único premio, senón que ten uns cantos máis.
 
En canto as súas obras, ten una morea, para que vexades e vos paredes en todas as que queirades déixovos o enlace o seu blogue, anímovos a visitalo.
 
 
 
Boas noites e dulces lecturas amigos :)