miércoles, 2 de julio de 2014

O LOBO E O RAPOSO, PASTORES

Ola!

Onte fun ás actividades de verán da biblioteca e collín un libro de maxia e outro titulado "Contos de animais, I".
Este último está formado por 19 contos antigos que case sempre tratan de lobos e raposos.
Hoxe vou escoller un e a contárvolo coas miñas palabras.
O LOBO E O RAPOSO, PASTORES
Fai un tempo a xente das montañas marchaba ás cidades e ás vilas para conseguir diñeiro. Un lobo, tirado tamén pola necesidade, marchou para Estremadura coa intención de traballar e conseguir un anaco de pan.
Non lle foi mal, pois en pouco tempo xa tiña un bo rabaño de ovellas. Mandou noticias á casa e un raposo pobre enterouse. Así, envioulle una carta ao lobo na que se queixaba da miseria que sufría e lle pedía que o tivera en conta se quedaba algún posto de traballo libre.
O lobo buscoulle un amo e o raposo partiu inmediatamente para exercer tamén de pastor. Decidiron todas as condicións e quedaron en que xuntarían os dous rabaños no monte.
Ó día seguinte levou o rabaño ó monte e xuntouno co do lobo; a partir de aquel día quedaron como bos compañeiros.
O lobo tiña una choza non monte na que pasaba as noites e facía de comer. Os dous quedaron en que se ían repartir o traballo e así cada un facía unha cousa. Un día o raposo gardaba a facenda e o lobo facía a comida, e ó revés. En canto o xantar xa estivese feito, o da choza tocaría a bucina para que o outro viñera a comer.

O primeiro día o raposo fixo o xantar e o lobo saíu para o monte. Chegou e pasou o mediodía sen que o raposo o chamara para comer, ata que a fame o levou a mirar o que ocorrera.
Cando chegou á choza atopou a pota baleira e ó raposo tirado na cama.
-Compañeiro, que xeito é ese de ter o xantar preparado?
-E que queres? -dixo o raposo-, deume unha dor de barriga tan grande que non o puiden facer.
O lobo creuno e tratou de facer el o xantar, e mandou ao raposo a por auga.
Este colleu a ola e foi á fonte, pero non colleu a auga: tumbouse a tomar o sol! O lobo, canso de tanto agardar, foino a buscar e viuno desa maneira.
-Aínda non durmiches o suficiente toda a mañá ou que pasa?
-Non estou durmindo! Estou argallando un plan para levar a fonte á cociña.
O lobo colleu a pota, encheuna e mandoulle ao raposo que fose a buscar leña para prender a lareira.

Alá foi o raposo, pero volveu a tumbarse. Como tardaba moito, alá foi o lobo a búscalo e atopoune alí deitado.
-Pero non estás xa farto de durmir!
-Non estou durmindo! Estou argallando un plan para levar o piñeiral á cociña, así só temos que cortar a leña sen necesidade de ir con ela ás costas.
O lobo cargou coa leña e pediulle ao raposo que fose á horta a buscar verzas mentres el facía ferver a auga.

O raposo adoptou o costume de sempre e púxeso a roncar un bo anaco. O lobo foi á horta e atopouno como as outras veces.
-Claro que teño ganas de durmir -dixo o raposo-, pero estou argallando un plan para levar a horta á cociña.
-Vaite ó demo ti e os teus maravillosos plans! Non quero ter nada máis que ver contigo e dende este momento repartiremos a facenda e o rabaño.
-Por min non hai ningún inconveniente.
-Cales son os teus carneiros?
-Son os peores cós teus, de dous cornos. Os teus son os de catro cornos.
O lobo nunca se dera conta diso e douno por bo. Puxéronse a repartir, pero como non había carneiros de catro cornos, o lobo quedou sen nada e o raposo con todo o rabaño.
Ó día seguinte o raposo ergueuse moi cedo, deixou o rabaño no monte e marchou co bandullo dunha ovella baixo a camisa.
O lobo foi a botar o seu rabaño e como non tiña nada, marchou por un camiño en busca do raposo. Atopouse cuns rapaciños e preguntoulles se viran pasar por alí un raposo.
Os rapaces dixéronlle que si, pero tamén engadiron que ao pasar, para ir máis lixeiro, rachara a barriga e tirara as tripas fóra. O lobo mirou o chan e, efectivamente, alí había unhas tripas (el non sabía que eran de ovella).
O lobo pensou que xa era hora de imitar os trucos do raposo e colleu un coitelo e rachou a barriga alí mesmo. Caeu morto ao momento no medio do camino.
E colorín colorado, conto contado;
 ao lobo cómeno as moscas e o raposo abanea o rabo.


A rima final inventeina eu. :)

Adeus e espero que disfrutarades co conto!!