jueves, 19 de junio de 2014

Actividade de verán coa AC Barosa

Ola!!
Que tal?

Vou ser breve, xa que vos vou amosar unha opción de lecer e unha forma moi boa de pasar o tempo este verán, e sen sair de Barro.






Promoción das intelixencias múltiples

É unha actividade que organiza a Asociación Cultural Barosa. Non vos asustedes polo nome, inda que pareza algo rollo non é así, jiji..
Seguro vai ser moi entretido, pois é unha maneira de pasar os días con outros rapaces e rapazas xogando, facendo actividades, aprendendo cousas con diversión, e o que máis me gusta a min...rodeados de libros. :) Pero moitas cousas máis!!!

Non o pensedes moito, xa que as prazas van voar! :)
No cartel tedes toda a información: nos meses de xullo e agosto, de luns a venres de nove da mañá a dúas. Terá lugar no local da AC Barosa da Portela.
Para contactar tedes o correo electrónico barosa.ac@gmail.com e o teléfono 662.160.561

Agora xa sabedes... A anotarse!!! :)