lunes, 30 de junio de 2014

A MIÑA GRADUACIÓN

Ola!

Hoxe fai 11 días da graduación 2014 do meu colexio. Este ano, eu estiven entre os nenos e nenas que se graduaban, e despois de que vos prometerá que pronto falaría sobre iso, vou a contarvos como foi o acto e mostrareivos un fermoso vídeo.

Por suposto, as nosas familias estiveron presentes.

Primeiro, ensináronnos unha presentación de fotografías dos nenos de Infantil e déronlles as orlas mentres tocaba o grupo BXBRASS (formado por membros da Banda de Barro).

Despois, puxeron una presentación dese estilo, pero con fotografías nosas do paso polo colexio. Entregáronnos as orlas a 6ºA e, una vez entregadas na súa totalidade, Virginia (una compañeira de clase) leu una carta de agradecemento en nome de todos os da clase. Ao acabar de ler a carta, pasou o mesmo, só que con 6ºB (desta vez quen leu foi Jenny).

Por último, todos/as sacamos fotos cos nosos profesores/as.

Foi un acto moi especial, é moi diferente ser ti quen te gradúas a ver outras persoas que se gradúan. De feito, no acto deste ano pasouseme o tempo moi rápido e nos anteriores ata me aburría un pouco.

E agora, un magnífico vídeo elaborado polo CEIP Amor Ruibal:





Ata logo!!!!