viernes, 27 de junio de 2014

2 LIBROS E UNHA COLECCIÓN

Como di o título, nesta entrada vou a recomendar dous novos libros e unha colección de libros que lin e me gustaron.


 
Divertido libro escrito por Joachim Friedrich.
 
Trata de catro amigos que teñen un can chamado Precioso. O narrador é Precioso e cóntanos o que pasa dende una visión canina.
 
Pertence a una colección de libros. Desta vez, Precioso vai rodar un anuncio publicitario e encontra na axencia a Madeleine, o seu vello amor.
 
Pero tamén se presentou ao anuncio un can antipático que lle quere roubar a Madeleine... E cando o can desaparece misteriosamente pensan que foi polo colar de diamantes que levaba.
 
Invítovos a lelo porque é moi divertido e tamén de detectives (falando de detectives, a colección de Balduino Pito tamén me gusta moito).
 
 
 
 
Fermoso e conmovedor libro escrito por Francisco Castro.
 
Trata dun neno que se chama Paulo e que ten un avó que lle chama Simbad.
 
O avó ten Alzheimer, e vive con fantasía de neno. Sempre está falando do seu irmán Bernardino, xogando con Paulo aos piratas e filibusteiros no salón...
 
Paulo (ou podedes chamarlle Simbad) terá que loitar contra os adultos para defender ao avó e a si mesmo, pero, sobre todo, contra o egoísmo.
 
 
E 1 colección:
 
    
 
Esta magnífica colección fálanos dende un punto de vista dun vago e un "fracasado" dos problemas no instituto e na casa.
 
 
Adeus!!