miércoles, 21 de mayo de 2014

VI PREMIO MIMI

Ola.

Hoxe á mañá veu Sés a recoller o Premio Mimi. O Premio Mimi é o premio que entrega o meu colexio a xente que defende o galego e o usa como lingua principal. Fabrícao un veciño de Barro que é moi mañoso.

Este xa é o sexto ano que se entrega. O primeiro ano foi para Ezequiel Mosquera, o segundo para Xabarín Club, o terceiro para as Cantareiras de Ardebullo, o cuarto para Pili (a bibliotecaria de onde eu vivo e que fai moitas actividades cos veciños de Barro, cos nenos...), o ano pasado foi para Aíd e este... para SÉS!!!

Canta con moita enerxía e nótase que o pasa ben.
Cantou "Labregha Berghantiñana" e "Canto aquí, canto na Habana".

Despois todos/as sacamos fotos con ela e dedicoulle un autógrafo ao colexio.


SÉS

Sés é licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social.
No ano 2011 editou o seu primeiro traballo, "Admirando a Condición", e está a presentar o seu segundo disco: "Co xenio destrozado".
Canta blues, rock, e sons hispanoamericanos.





Espero que vos guste!