viernes, 23 de mayo de 2014

EXCURSIÓN Á CORUÑA

Ola!! Que tal? 
Eu preferiría que foran unhas horas antes, sobre as sete.

É que hoxe fomos á Coruña de excursión co colexio.
Á mañá visitamos o MUNCYT:  que máis me gustou foi o avión "Lope de Vega" e o que menos non sei.
Despois comemos no comedor do MUNCYT (por certo, a miña ensaladilla de arroz non tiña vinagre! ;-).

Á tarde fomos ao Domus (gústame moito porque podes experimentar) e merendamos onda a Torre de Hércules. Non puidemos subir, pero si contemplar a paisaxe e correr pola herba. :-)

E aínda que pensaba que a volta en autobús ía ser aburrida, foi do máis divertido. A miña parella e eu sentámonos no segundo asento dende atrás, e estivemos todo o camiño xogando a "Verdade ou atrevemento".

Ao ir no autobús para á Coruña, cantamos "Ferti
Món", "Un elefante se balanceaba", e non sei se cantaron máis cancións.


Espero que vos guste e recoméndovos visitar estes fermosos lugares.

DOMUS

http://mc2coruna.org/gl/domus.html


MUNCYT

http://www.muncyt.es/