jueves, 22 de mayo de 2014

A VINGANZA DAS FORMIGAS

Ola!

O título da entrada é ese porque así se chama o conto que eu presentei en "Os contos que contan":un concurso da miña localidade no que tes que INVENTAR un conto e ilustralo. O que máis lle guste ao xurado gaña 40€ e o segundo 20€. Non sei se este ano hai finalistas, pero fai dous anos eu quedei finalista co meu conto "O león vexetariano". Fai catro anos gañei o primeiro premio co meu conto "O avó e a tostadora".

Como non o teño escrito na casa (aínda que non gañes non cho devolven) vouno escribir como o recordo, o inconveniente é que os nomes non me acordan.

A VINGANZA DAS FORMIGAS

Eran tempos de Pascua e os habitantes do formigueiro comían a rosca, os doces e o azucre na alacena de Don Xaquín.


Pero para chegar ata a alacena, había que pasar polo chan. Entón, as formigas máis astutas ían polas xuntas das baldosas para camuflarse, pero aínda así Don Xaquín sempre aplastaba ás formigas.

As formigas que quedaban reuníronse para tratar de solucionar o tema.
-Non podemos seguir así, este humano está facendo unha masacre no noso pobo. Propoño que cada un pense algún plan para solucionar este problema-dixo Migón, o vello sabio.
-E como chegaremos ao formigueiro?-preguntou Forguín, un neno pequeno.
-Como sexa: se hai que correr, correremos, e se hai que camuflarnos, iso faremos.


Así, todas as formigas se puxeron cada unha nun recuncho do formigueiro, pensando. Foi Gamifo quen dou coa solución, despois de 15 minutos cavilando.

Migón e os demais estiveron de acordo, así que puxéronse mans á obra. 

Subiron polas tuberías que desembocaban na ducha, esperaron a que Don Xaquín fora a ducharse e, cando este abriu a billa... SALTARON TODAS Á VEZ!!!!

Don Xaquín berraba como un porco o día da matanza, nin sequera facia falta estar dentro da casa para escoitar os berros!!

Nunca máis lle entraron ganas de matar unha formiga.