domingo, 6 de abril de 2014

O MEU GARDA-CARAMELOS

Olaaa!!!!

Xa fai moito tempo (xa veredes nas fotos, que está o centro de mesa do Nadal por detrás), fixen una manualidade para gardar os caramelos, xa que sempre os tiña nun apartado do frigorífico.

Usei os seguintes materiais:

Témperas
Cola
Tesoiras
Tubos de papel hixiénico e de papel de cociña
Auga para lavar os pinceis
Pinceis
Un cartón

 
 
Cortamos do tubo de papel de cociña: un tubo máis grande que o de baño e outro máis pequeño que o de baño.
Cortamos do cartón una base redonda na que collan os tres tubos.
Pintamos a base por arriba e por abaixo e os tubos só por fóra.
 
 
 
Deixamos secar e pegamos a parte de abaixo dos tubos na base. Presionamos un pouco con coidado e deixamos secar outra vez.
 
 
 
Agora só queda encher de caramelos!!! :-)