viernes, 18 de abril de 2014

MERCADO PORTUGAL

Olá!//Ola!

Como você está?//Que tal?

O mércores fun á feira a Portugal. Era moi grande e compramos un montón de cousas. Por exemplo:
unha regadeira e roupa para o verán, verdura para plantar...



Comemos arroz caldoso con marisco ( era máis marisco que arroz, ja, ja), bacallau ao forno con patacas, flan e torta xeada.
Por certo, para pedir a torta preguntámoslle ao camareiro de que era, porque no menú poñía "tarte", e díxonos dous nomes raros. En fin, non sabía explicarse, pero ao final díxonos que era torta xeada.



Sabedes o que é un caixote? Non, non é unha caixa nin un caixón, é un váter!!


Despois visitamos as murallas e o pobo de Valença.


Foi a 2ª vez que saía do país, a outra vez fun ao aeroporto a Oporto.

Vós visitastes alguna vez outro país? A onde fostes?
A cal vos gustaría ir?