lunes, 24 de marzo de 2014

O forno de pedra

Ola!
Despois dun mes sen escribir, xa estou aquí de novo.
Teño moitas entradas pendentes: explicar como fixen un carameleiro, explicar como fixen una pizza un tanto especial, contar de que nos disfrazamos no Entroido.
Como hoxe non as vou facer todas, vou escoller una, que é: de que fomos disfrazados no entroido os meus amigos, os participantes e, por suposto, eu.
Eu no colexio fun de vella rica, ía vestida cun vestido gris de miña avoa, uns tacóns de miña avoa, un colar de miña nai e os meus pendentes brancos de cando o ano pasado fun disfrazada de sevillana. Maquilleime como una vella, fixen una coleta e, alá fun! Por certo, olvidóuseme o bolso de man na casa.
Os meus compañeiros foron de: profesora, home de negro, Isi de sevillana, vaqueras, bufón, spiderman, carapuchiña vermella...
Eu a Barro fun de panadeira e gañei o 2º premio individual xuvenil. É o 1º ano que gaño, e é o 3º ano que vou. Fai dous anos fun de ovella e o ano pasado de sevillana.
Aquí van unas fotos deste ano:



PANADERÍA O FORNO DE PEDRA

 




Que vos pareceu? Entrouvos fame? jijiji