miércoles, 26 de marzo de 2014

A HIDROSFERA

Ola!!!!

En C.M. estamos dando o Tema 9, que trata da hidrosfera, da atmosfera e do tempo atmosférico. Como xa estudei e repasei, vou facer outro repaso máis escribindo aquí o que me acorda, e de paso, o que non o sepa, xa o aprende. (Hoxe só vou falar da hidrosfera.)

A hidrosfera é o conxunto de auga da Terra, excepto o vapor de auga.
Hai augas continentais e oceánicas:
-As oceánicas son as que forman os océanos e os mares. 
-As continentais son as que cobren parte dos continentes, como os ríos, lagos, masas de xeo... Tamén poden estar baixo a superficie(augas subterráneas).
As augas dos océanos e dos mares están en continuo movemento, debido a:
-As correntes mariñas, que son masas de auga que se moven no propio océano, como ríos dentro do mar.
-As mareas, que son movementos de ascenso e descenso do nivel do mar. Prodúcense cada seis horas; nun día hai 2 baixamar e 2 preamar.
-As ondas, que son ondulacións da superficie do mar provocadas polo vento.
A auga da hidrosfera é útil porque:
-Nela viven os organismos acuáticos e proporciónalle a auga que necesitan aos seres vivos.
-Nela, as persoas practicamos actividades de ocio como navegar ou bañarnos, e traballos como pescar e transportar mercadorías.
-As persoas utilizámola para beber, regar, limpar, cociñar...