jueves, 27 de febrero de 2014

CARNAVALES

Ola!

No meu colexio estamos celebrando os carnavales ao longo de toda esta semana. Como os dous anos anteriores, cada día temos que levar una cousa diferente. O primeiro ano foi acumulando o dos días anteriores, o pasado só una cada día, e este, outra vez acumulando.

Este ano:

O luns levamos unha prenda vermella.
O martes unha prenda vermella e un sombreiro.
O mércores una prenda vermella, un sombreiro e unha prenda do revés.
Hoxe, o xoves, una prenda vermella, un sombreiro, unha prenda do revés e a cara pintada.
Mañá cada un vai levar o disfraz que queira (xa vos contarei de que fun eu e os meus amigos).

Creo que é o domingo 8 (aínda non sei certo), van a ser os carnavales en Barro. Como todos os anos, quen queira participar ten que ir ese mesmo día pola tarde ao pavillón de San Antoniño disfrazado e anotarse co nome do disfraz que levou. Por exemplo, se vas de lobo, teslle que dicir Lobo ou outro nome que lle queiras poñer, como: Manuel o lobiño. Despois dánche un número que tes que pegar na espalda, e cando che toque desfilar din o nome que elixiches, e tes que saír a mostrar o disfraz.
Pódese ir individual, por parellas ou en grupos, en distintas categorías dependendo da idade.

E agora, un par de disfraces para darvos una idea:

 
 
 
 
 
 
 
 
¡Adeus!