Ola! Que tal?
Hoxe ao meu colexio viñeron Manuel e Esteban, que tocan na banda de Barro.

De esteban non vos podo contar moito porque prácticamente non o coñezo; só sei que é veciño de Barro, estudou no meu colexio e na banda toca a trompeta. Dixo a profe Claudia que xa de pequeño tiña talento musical e gustáballe moito a música.
Trouxeron o bombardino, a trompa e a trompeta. Desmontáronos e explicáronnos como se montan, como funcionan, tocaron...
A min Manuel mandoume saír para probar a trompeta. Hai que xuntar os beizos e facelos vibrar porque a súa boquilla ten forma de campá, como o seu pabellón.
Estes instrumentos pertencen á familia de vento metal.