miércoles, 14 de agosto de 2013

SÁBADO 10: DE TURISMO

Como vedes no título desta entrada, o sábado fun de turismo; en concreto a Corrubedo e a Catoira.

Á mañá visitamos o Faro de Corrubedo, estaba moi chulo e alí nunhas rochas había un pescador, pero como estaba subindo a marea marchou.



Comemos nun merendeiro e máis tarde fomos á Gran Duna. É a duna máis grande de Europa. Eu estaba achicharrada co calor e fervíanme os ollos, estaba desexando marchar.


Pero aínda así subimos ao Mirador de San Alberte, eu estumballeime á sombra a meter cachiños de tellas nas francesitas. Estaba que non podía máis.



E de paso que marchábamos para a casa paramos en Catoira a ver as Torres Vikingas. Tamén eran interesantes.