viernes, 2 de agosto de 2013

FIN DAS ACTIVIDADES DE VERÁN

Olaa!!

Hoxe foi o último día das actividades de verán da BPMB (Biblioteca pública municipal de Barro) .

Durante todas as actividades paseino moi ben, menos un día que collín un virus do estómago e atopábame mal.

E, para celebralo, hoxe á mañá fixemos un festival e unha merendola. Eu actuéi bailando "El tiburón", lendo o conto "Como fan os raposos para desfacerse das pulgas" e dicindo o punto nº9 da Carta Europea da Auga.

A canción:

http://www.youtube.com/watch?v=A_olVElDSWI

O punto nº 9 da carta:
 
A protección da auga supón un importante esforzo tanto na investigación científica coma na preparación de especialistas e na formación do público.
 
 
E o conto non volo podo contar porque non mo sei de memoria, ao pé da letra.