viernes, 7 de junio de 2013

UN CONTO DE NINJAS

 
A TARTARUGA NINJA

Un día un león moi famento ía pola sabana africana cando se atopou cunha tartaruga moi apetitosa.


Quería comela e mordeuna no caparazón (a tartaruga metérase dentro) , pero como estaba moi duro non puido resistir a dor de dentes e púxose a chiar e a berrar da dor.

A tartaruga aproveitou para escapar e deixou alí ao león a sufrir. Pero máis tarde arrepentiuse de deixalo así e volveu a axudarlle.

Deulle unas plantas curativas que usaban os animais como medicamento. Pouco a pouco foille pasando a dor e foi curándose. Doulle as grazas á tartaruga e fixéronse amigos.



Cada vez que os outros animais da selva se metían coa tartaruga, o león defendíaa coma un auténtico ninja. E a tartaruga facía outro tanto do mesmo.

Un día o papagaio Galiter peteirou o caparazón da tartaruga e o león púxose coma una fera e mordeuno moi forte.

Outro día o elefante Fertarín quería aplastar ao león e a tartaruga pegoulle coa cuncha nunha uña e deixoulla toda morada.

Eran uns auténticos ninjas!!!!