viernes, 14 de junio de 2013

DIARIO


Hola outra vez.

Bueno, como teño unha libreta-diario, vouvos contar o meu día 21 de maio porque foi un día moi especial.

Conto exactamente o que escribín:


Ola!! Hoxe á mañá viñeron Ricardo Gómez Gil e Laura e Paco ao colexio.

Só nos dou a charla Ricardo e a min caéume ben.

De pequeño el e os seus amigos xogaban aos indios e americanos que vían nas pelis. Os indios eran os malos e sempre acababan perdendo.

Laura xa veu doutra vez e tamén está traballando "Ojo de Nube". Paco non sei quen é.

Á tarde, despois de comer os espaguetis que sobraron de onte á noite con tomate e sardiñas en tomate chameille a Virginia 3 veces para preguntarlle se podía ir onda ela.

Chameille 3 veces porque a nai descolgara o teléfono porque estaba durmindo Mateo e eu non o sabía, claramente.

Ao final chamoume Virginia e fun onda ela á súa casa.

Xogamos ás bonecas a seguir o xogo do outro día 13 de maio e a espiar a Lucía e a Lucía Suárez (a Virginia cáelle mal) .

Despois íamos xogar a alguna película coma Ricardo Gómez e xogamos a "La que se avecina". Máis tarde íamos xogar a "H20" pero Mimi veu a buscarme.

A o chegar á casa fun ao baño a peinarme porque tiña o pelo enredadííííísimo non sei por qué.

A continuación fun a ler "Nos compramos un zoo" á habitación e toquei fatal a frauta.

Máis tarde fun para fóra para escribir en ti, querido diario e ceei leite con cereales e un iogur BISCUIT antes de ir para fóra. :-)

E agora vou facer un debuxo:

 
 
 
 
 
Se tendes dúbidas escribídemas nun comentario e eu ciontestareivos depende do que sea.