miércoles, 5 de junio de 2013

AVES DA COSTA DE VIGO


CORVO MARIÑO CRISTADO (CORMORÁN MOÑUDO)
 
ORDE PELECANIFORMES----------FAMILIA PHALACROCORACIDAE
 
NOME CIENTÍFICO: PHALACROCORAX ARISTOTELIS

  • Nidificante

  • Mide uns 75 cm

  • Non existe dimorfismo sexual

  • Plumaxe brillante de cor negra con reflexos verdosos

  • Peteiro negro rematado en gancho coa base amarela

  • Patas negras

  • En época de cría (primavera e verán) loce una cresta de plumas á que se debe o apelativo de "cristado" ou "moñudo"

  • Os individuos novos presentan a plumaxe de cor parda nas partes superiores e branca nas inferiores. Peteiro máis fino que os adultos.

  • Adoita ser una ave silenciosa, emitindo un "koak" en raras veces



 
GARZA REAL

ORDE CICONIIFORMES----------FAMILIA ARDEIDAE
 
NOME CIENTÍFICO: ARDEA CINEREA
 
 


  • Invernante

  • 90 cm (é a maior ave desta costa)

  • De cor gris coas partes inferiores esbrancuxadas

  • Co peteiro e as patas longas e amarelas, que poden tornarse avermelladas ao principio da primavera

  • Cabeza branca cunha liña negra no ollo e que se prolonga ata a caluga facéndose cada vez máis fina

  • Pescozo gris moi claro cunha dobre fila de manchas negras na parte dianteira

  • Tamén manchas negras nos ombreiros e laterais do abdome

  • Non existe dimorfismo sexual

  • En época de cría adquire unas plumas longas e negras na caluga que se continúan coa mancha da cabeza e que colgan cara ao pescozo

  • Xuvenís de tono gris moi tenue, sen manchas negras nos ombreiros nin no abdome, co pescozo gris en vez de branco e coas manchas negras da cabeza unidas nunha soa

  • Chío característico: "kraaj" (pero non é ruidosa)


VERÁN:    
 
      
 
INVERNO:
 
 
 
Bueno chicos, chicas, amigos y amigas:
 
otro día más, vale?     ;-)