jueves, 7 de marzo de 2013

RECEITA CARNE AO CALDEIRO


Carne  ao  caldeiro
 
 
Ingredientes:
 
 
-2 kg de carne de tenreira
 
-1 kg de patacas
 
-1 anaco de unto
 
-Pemento moído doce ou picante
 
-Aceite de oliva
 
-Sal
 
 
Preparación:
 
1º Nunha pota poñemos a carne cortada en anacos, xunto co unto, e cubrímolo todo con auga e sal.
 
2º Deixaremos que coza durante unha hora e media, para logo engadir as patacas mondadas e enteiras.
 
3º Cando estean cocidas, pasamos a carne e as patacas, ben escoadas, a unha fonte.
 
4º Botámoslles por riba o pemento moído, segundo o gusto e un chorro de aceite de oliva.
 
 
 
 
Que aproveite!!!    :-)