domingo, 31 de marzo de 2013

CONTO DUNHA INVASIÓN


AS  FORMIGAS  INVASORAS

 

        Érase unha vez un formigueiro que se atopaba na despensa dunha casa.

        As formigas traballaban felices, pero o problema comezou cando os donos da casa as descubriron e botaron pegamento na entrada do seu formigueiro para impedir os seus paseos por enriba dos alimentos.

        Un día, a formiga mais sabia dixo que había que tomar serias medidas, e que había que empezar xa.

        As formigas empezaron a propoñer ideas para salvarse, e unha dicía que debían mudarse, outra que tiñan que invadilos, outra que debían comer todos os alimentos e despois mudarse …

        Así estaban todas, discutindo, cando chegou un humano e lles pediu que non lles comeran os alimentos e que marcharan a outro sitio e non lles farían nada.

        As formigas aceptaron e quedaron todos en paz.
 
 
Espero que a vos non vos pase iso!!!  :-)