domingo, 31 de marzo de 2013

CONTO DUN FOLGAZÁN


             O  COELLO  QUE  NON  QUERÍA  BRINCAR

 
           Nun dos tobos mais bonito do campo do campesiño Edelmiro e Carme vivía Saltón, un coello súper folgazán que nunca quería facer nada, ¡nin sequera brincar!

        O seu pai Peluso e a súa nai Rosinda dicíanlle que tiña que axudarlles a facer as tarefas da casa ou a ir a recoller cenorias do campo de Edelmiro e de Carme, pero Saltón non lles facía caso e pasaba o día estumballado no sofá (feito cun anaco do coxín de Edelmiro) xogando coas súas cartas de herba cos símbolos de anacos de pementos.

        Por moito que llo repetiran Saltón seguía estando sempre estumballado no sofá a xogar coas cartas ou a durmir na súa cama, fora día ou fora noite.

        Pero o día da “Gran colleita” tivo que saír da casa SI ou SI, e ese día foi a súa salvación.
 
 
Bueno, espero que vos non sexades an folgazáns coma Saltón!!! :-)