viernes, 29 de marzo de 2013

CONTO DE TERROR


A CASA  ENCANTADA

 

            Unha noite de martes fría e escura, de lúa chea e cos lobos a ouvear na Pena Trevinca, un grupo de historiadores achegouse á xigantesca verxa negra da “Casa encantada”.

 

            Eses pobres historiadores non se imaxinaban o que lle esperaba dentro da “Casa encantada”, así chamada polos veciños da aldea de Portodemouros.

 

            O que intentaron descubrir  eses  historiadores era o misterio que envolvía aos habitantes: quén vivirá alí e cantos anos facía que esa casa estaba alí chantada na húmida e escura terra que ocupaba a aldea en case todo o seu espazo.

 

            Ás 12 e 13 minutos desa fría noite os historiadores por fin entraron decididamente no xardín, despois de pasar media hora dubidando se dar volta ás súas casa ou entrar.

 

            Unha vez dentro, comezaron a moverse as árbores a un lado e a outro, a asubiar o vento e a ouvear os cans.

 

            O historiador máis medoñento de todos botou a correr cara a verxa, pero, para a súa mala sorte, cerróuselle xusto na cara.

 

 

O pobre home, chamado Mario e cos 25 anos recén cumpridos, tiña moito medo e lamentouse de estudar historiador, pensando que ía ser levado polas pantasmas e que xamais ía volver a ver nin á súa familia, nin á moza, nin á filla que estaba a punto de nacer.

 

 

Os outros historiadores comezaron a rirse del, fachendosos e cuns aires de altivez que conseguiron desatar a rabia de Mario.

 

Os 6 historiadores comezaron a berrar con Mario, e él comezou a chorar desesperadamente e rogándolle aos compañeiros que lle deran a chave da verxa para marchar e que lle daba igual quedar sen traballo, pero que quería vivir.

 

Entón Carlos, o seu mellor amigo e tamén historiador, púxose da súa parte, dicíndolle aos outros que se Mario  non quería entrar eles non o podían obrigar.

 

Manuel, Xaime, Pedro, Xosé, e David deixaron sos a Carlos e a Mario no xardín e eles entraron na casa.

 

Ao cabo de estar 5 minutos dentro do que debía ser o recibidor, o esqueleto dun home duns 174 cm de altura caeu no medio da alfombra vermella que cubría o longo corredor.

 

Os 5 historiadores pegaron un grito descomunal que sentiron  Carlos e Mario no xardín, que se estremeceron se deron un abrazo para correr o medo que os invadía.

 

Os outros historiadores seguían dentro da casa, avanzando ata a gran cociña.

 

Había unha lareira con cinzas e papeis dentro e unha despensa na que aínda había unhas migallas de pan de millo e pedriñas negras.

 

Un pouco máis adiante estaba o comedor. Nel había unha mesa duns 4 metros de largo e 2 de ancho, un pequeno moble de madeira de carballo onde había anacos de cristais que deberan pertencer a unhas copas e outra gran alfombra vermella cas cadeiras da mesa enriba.

 

6 metros máis aló, había un baño cheo de telarañas, cun váter, unha bañeira de 2 metros de largo e 1 de ancho, lavadoiro e un mobliño onde había gardadas unhas gasas e 3 esponxas amarelas  todas sucias e gastadas.

 

Un pouquiño máis adiante había  unhas longas escaleiras de caracol (unhas 30) que ían dar a outro longo corredor cheo de cadros antigos de Van Gogh, Goya, Velázquez...

 

Tamén o chan era moi artístico, pois aparte de estar cuberto por outra alfombra vermella tiña unhas baldosas triangulares decoradas con lunares de cores.

 

A inmensa parede estaba chea de portas de madeira (toda do apreciado carballo) tras as que se ocultaba outro misterioso cuarto.

 

Xaime abriu a 1ª porta e entrou el diante dos seus compañeiros, posto que era o máis valente de todos.

 

O que se ocultaba detrás desa porta era unha habitación pequeniña na que había colocada unha cama individual, unha cómoda, unha cadeira e unha pequena alfombra laranxa con raias verdes.

 

A 2ª porta abriuna David, pero a habitación estaba completamente baleira, e facía un frío conxelante nela.

 

Polo que Xosé abriu a 3ª porta e entrou el diante. Nesa habitación si que había algo, era a biblioteca, a estancia máis grande da casa despois do faiado.

 

Había unha mesa de estudo de 2 metros de ancho por 2 de largo, un estante grande, un mediano, un pequeno, un moble con estantes e caixóns cheo de libros antigos de Xulio Verne, Emilio Salgari, Ramón Valleinclán, Rosalía de Castro... Unha gran alfombra verde, outra vermella e outra azul con lunares amarelos.

 

3 metros máis aló, había outra porta tras a que se ocultaba unha habitación enorme, cunha cama de matrimonio de 2 metros de ancho e 2 de largo, un escritorio, unha cómoda, un armario, un espello, 2 alfombras grises e brancas e 2 sillóns de coiro.

 

Outros  4 metros máis adiante había unhas escaleiras (15 máis ou menos) que ían a dar a unha porta tras a que había un inmenso faiado cheo de trastos e caixas, 2 armarios cheos de roupa e 7 baúis feísimos pechados cada un co seu candado.

Xosé, Xaime, David, Pedro e Manuel, como xa acabaran de mirar a “Casa encantada” decidiron retroceder sobre os seus pasos e volver ao xardín para dar por rematada a súa visita.

 

Ao chegar ao recibidor onde quedara o esqueleto tirado na alfombra, Pedro e Manuel déronse conta de que o esqueleto estaba de pé no medio da estancia, e os historiadores botaron a correr para fóra da casa.

 

Pero como tiñan tanto medo, fóronse a meter no hórreo, onde se atoparon co esqueleto dunha muller debullando millo no cribo.

 

Máis asustados aínda pegaron outro grito súper ruidoso e botaron a correr cara a verxa, onde aínda seguían esperando impacientes Mario e Carlos.

 

Manuel, que tiña a chave, abriu a verxa e marcharon todos ás súas casas correndo coma guepardos mortos de medo.

 

Dende aquel día ninguén se atreveu a poñer un pé na “Casa encantada”.