martes, 12 de febrero de 2013

O MEU TERCEIRO CONTO EN GALEGO


O  AVÓ  E  A  TOSTADORA

 

Había unha vez un avó que tiña unha tostadora.

Un día foi a facer tostadas, pero mentres se tostaban, el púxose a ler o periódico e non se dou conta de que as tostadas xa estaban feitas e volveu a encender a tostadora, e dentro dun pouco xa estaban queimadas e a tostadora rota.

Con tanta rabia que lle deu, empezou a berrar coma un tolo, e ao final ata tivo que ir ao médico pola dor de garganta.

Cando chegou, contoulle que lle doía a garganta e o médico recomendoulle tomar tostadas.

Ó avó pegoulle outra vez tanta rabia que tirou con todo o que había na consulta e case mata o médico.

                                                 FIN