NA ESCOLA
Sara é una nena de nove anos. Gústalle ler, escribir, debuxar, inventar
contos… Pero sobre todo isto
último. Un día ensinoulle á profe Catalina
un conto titulado “O can bailarín”. E a
profe díxolle que non existen cans bailaríns e pegoulle una torta diante de
todos os seus compañeiros.
Ao chegar á casa, ao mediodía, contoullo á súa nai.
A súa nai enfadouse e díxolle a Sara que á tarde ía ir a falar con Catalina. E
tamén informou a Sara de que no tempo actual as profes xa non lle poden pegar
aos alumnos aínda que se porten mal. Só lle poden berrar.
Á tarde foi a falar con ela, e como non lle facía
caso, foi onda don Xosé, o director do colexio. Xosé díxolle a Catalina:
-Catalina, no seu traballo ten que ser xusta con todas
as persoas, e agora xa non se lle pode pegar aos nenos, sábeo perfectamente, e
menos polo do conto. Que non se volva a repetir, porque senón despídoa, e
ademáis sei que é verdade porque no colexio hai cámaras.
-Pero señor…
-Pero nada, escoitoume ben.
-Yo no le pegué a esta maldita niña que no para de
complicarme la vida!!!
-Vémolo? Mire que teño aquí as cámaras.
-Mire, es verdad. Perdóneme señor José. Es que esa
niña y su madre son tontas y no me caen bien.
-Non as insulte! Recorde o que lle dixen antes! Está
despedida! E que non se fale máis! Fóra de aquí!
-E vostede tranquila, señora Isabel. Dígalle a Sara
que non se preocupe, que non vai volver a pasar. Ata quedei eu contento de
despedila…
Dille á nai de Sara.
E todas as persoas do colexio quedaron contentas,
sen Catalina!!!
FIN