jueves, 7 de febrero de 2013

O MEU PRIMEIRO CONTO EN GALEGO


                   EUSTAQUIA  E  AS  MODERNIDADES

 

            Nun lugar moi afastado da cidade vivía Eustaquia, unha señora baixiña, regordecha, de pelo gris e dous olliños pequenos  de cor azabache.  Esta señora ten un carácter doce, amable e nervioso. Aparte de ser doce e amable tamén sabe defenderse ante calquer ataque nunha discusión.

 

            Unha mañá de verán estaba Eustaquia no seu fermoso e pequeno  xardín cheo de plantas regando unha matogueira de  margaridas cando viu pasar os típicos rapaces parvos de trece ou catorce anos por diante da súa casa, burlándose dela.

 

            E a velliña díxolles:

-Pódese saber de qué vos rides?

            E contestoulle un dos tres rapaces:

-Jajaja!! Co bo tempo que fai en vez de marchar para a praia, coma nós, queda na casa a regar as súas queridas floriñas!! Non vos parece gracioso tíos!!

-Por suposto que si!! Jajaja!!

            Exclamaron os outros dous.

-Fora  de aquí! Sodes uns fachendosos! E por se non sabiades que aos anciáns se lle ten máis respeto, a partir de agora téndeo ben clariño!

            Berroulles Eustaquia.

 

 

Os rapaces, ao ver que unha anciá se lle rebatía, puxéronse a lanzarlle áreas a Eustaquia. Eustaquia estaba aniñada, polo que se levantou cara a súa canceliña e, os rapaces, sin asustarse, quedaron alí mirando para ela e ríndose.

 

Pero, ó chegar á calzada onde estaban os rapaces, enganchou ao do medio (o xefe do grupiño) por unha orella e levouno ata a súa casa, deixándoo tirado diante da súa nai e dicindo:

 

-Os rapaces de hoxe en día son uns maleducados que, polo visto, non lle teñen respeto nin aos pais, nin aos mestres nin a ninguén!! Se seguimos así, este mundo vai ir a pique!! Tanta modernidade está atrofiando os cerebros das persoas e acabando con elas!!

 

O rapaz, vendo o que dicía a vella, arrepentiuse e pediulle perdón, recibindo o seu perdón e unha caricia de Eustaquia.

 

O rapaz, no seu arrepentimento, foilles a comunicar a noticia aos seus amigos. Os outros rapaces, vendo que Eustaquia tiña razón, foronlle a pedir perdón, recibindo eles o mesmo ca o antigo xefe do grupo: o seu perdón e unha caricia de parte da vella.
 
                                                     FIN