martes, 12 de febrero de 2013

O LEÓN VEXETARIANO


        O LEÓN  VEXETARIANO

 

Había unha vez,  un león chamado Álex ao que lle gustaban as follas das árbores, a herba, as prantas…

E como non sabía subir ás árbores, un día decidiu ir onda dona Xina, a xirafa.

Pero a xirafa pensaba que a ía comer, por iso botou a correr. Así estiveron, dona Xina correndo diante e Álex detrás.

Pero chegou a hora de merendar, e a dona Xina ocorréuselle subir a unha árbore, aproveitando para comer as súas follas.

E Álex gritoulle desde abaixo:

-Dona Xina! Eu non a quero comer, só quería dicirlle se pode axudarme a subir ás árbores para poder comer as súas follas.

-Estás mentindo! Só me queres atrapar!

-Xúroche que non. Vóucho demostrar! Mira como como as herbas.

E púxose a comer a herba seca.

Como a xirafa veu que o león non lle estaba mentindo, baixou da árbore cunha ponla para Álex e outra para ela.

Os outros animais, mirábanos asombrados.