martes, 12 de febrero de 2013

O CROCODILO CIRILO

                             O  CROCODILO  CIRILO
 

 
 
 
Iba Cirilo camiñando tranquilamente cando se atopou ca súa amiga, a vaca Maruxa.

-    Ola Maruxa! Que tal estás?

-    Ola Cirilo! Eu ben, e ti?

-    Eu ando de paseo porque me doía a barriga, e díxome miña nai que fora camiñar un pouco.

-    Fas ben meu amiguiño. Pois eu vouche pastar á leira da miña tía María.

-    Bueno, logo adeus Maruxiña!

-    Ata outro día Cirilo, e mellórate!

-    Grazas!
 
 
 
 

 

Cirilo seguiu camiñando ata que se atopou co seu amigo Pedriño.

 

-    Ola Pedriño! Viña camiñando polo monte porque me doía a barriga e miña nai díxome que para a dor de barriga é bo camiñar.

-    Poise eu estou xogando con Uxía ao escondite.

-    Bueno, pois segue xogando, eu vou seguir camiñando.

-    Adeus!
 
 
 
 
 

   Cirilo seguiu camiñando ata atoparse co crocodilo Croquiño.

-    Ola Croquiño! Que estás facendo?

-    Non cho penso dicir. Jajaja!

-    Por qué eres tan malo?

-    Jajaja! A min gústame ser malo porque así todos me fan caso.

-    Pois a partir de agora eu xa non che vou facer caso.

-    Pois logo voute papar!
 

 


Cirilo non lle fixo caso e seguiu camiñando ata chegar á súa casa.

-    Ola mamá! Teño moita fame de tanto camiñar!

-    Xa che fixen unha sopiña moi rica.

-    Mmm… Tes razón!Que rico! Tesme que facer esta comida máis veces!

-    Se eres bo fareicha mais veces.

-    Grazas mamá! Eres moi boa!