martes, 12 de febrero de 2013

Cocido galego

COCIDO
CocidoIngredientes:- 300 g de lacón
- 1 costela de porco
- medio polo
- media cachucha de porco
- 4 chourizos
- 100 g de touciño
- unto
- 400 g de patacas
- 400 g de verdura (grelos, nabizas, repolo…)
- 300 g de garavanzos
- un dente de allo
- 6-8 culleres de aceite
- 1 chisco de pemento doce
Elaboración:
Colle unha ola grande e énchea ata o medio de auga. Cando ferva, bota o unto, co que se consegue aumentar o sabor do cocido. Unha vez que se vaia desfacendo o unto, engade o lacón, que precisará de dúas horas de cocción a medio lume.
Despois bota a costela de porco, co touciño e o medio polo para que cozan durante uns dez minutos. Engade a seguir as verduras e os garavanzos (que xa estarían a remollo do día anterior).
Deixa que coza todo durante uns minutos e engade as patacas. Cando as patacas case estean cocidas, só nos faltaría engadir os chourizos, que necesitan un cuarto de hora para facerse. Unha vez que estea o cocido, escórreo e sírveo nunha fonte grande, á que lle podes engadir un chisco de pemento doce.
A auga do cocido podes aproveitala para faceres unha sopa.